Teño feito tantos currículos que podería montar unha expo con eles.

Houbo un que me conseguiu un traballo servindo copas ás tantas, outro que me fixo profe ciclo superior… Nada que ver entre si, pero todo que ver comigo. 

Adaptados aos postos aos que estaba a optar e destacando as habilidades e experiencias previas que máis encaixaban co que se pedía, cada un deles era un traxe a medida a necesidades concretas, pero ningún contaba a historia completa. 

Este de aquí é diferente. Pero non porque conte que empecei a traballar aos 16 como promotora de vendas para unha navieira, ou que en terceiro de carreira xa tiña un traballo “do meu”.

Precisamente iso non o conta. 

É diferente porque non busca un posto, pero quere un lugar onde facer a diferenza.